domingo, 9 de xuño de 2019

Recuperación das árbores autóctonas en Galicia

RECUPERACIÓN DAS ÁRBORES AUTÓCTONAS EN GALICIA                                             Lucía Millán, APOBRA, 07062019, ás 11:48

Os alcaldes de moitos municipios galegos reuníronse este xoves para barallar a idea de comezar coa repoboación de árbores autóctonas

A campaña está en marcha, os alcaldes de moitos concellos como A Pobra, Boiro, Ferrol, Noia...e moitos máis reuníronse para falar sobre a esperada campaña de repoboación das árbores en Galicia. Este proxecto comezou no 2014 cando algúns xa se xuntaran pero hasta o día de hoxe non fixeran nada.
Exemplo dun piñeiro, unha das árbores que se van a repoboar
Imaxe de Tama66 en Pixabay

Na asemblea de onte falaron de como gañar o diñeiro, de que árbores eran as máis importantes para a repoboación e onde plantalas. Decidiron que no ían a eliminar ningunha árbore para plantar outras, isto quere dicir que os amplos bosques de eucaliptos aínda seguirán en Galicia.

O primeiro paso do proxecto será recadar diñeiro, moitas empresas das potentes en Galicia xa accederon a doar, o goberno Español tamén está de acordo e o galego, por suposto que tamén. A campaña xa está en marcha, os veciños galegos e non galegos tamén poden doar, todo axuda.

A encargada da empresa que vai a dirixir a repoboación, nos contou que moitas árbores autóctonas de Galicia xa están en perigo de extinción e están protexidas. As árbores que van a replantar en máis masa son faias, olmos, aciñeiras e sobreiras(as dúas últimas, son especies xa en perigo de extinción).

Outras que tamén se van a replantar son piñeiros, maceiras, sabugueiros e moitas máis. Este proceso durará uns 30 anos. Contra o 2050 as árbores en Galicia estarán crecidas e a repoboación acabada.

Os alcaldes están moi orgullos da súa fazaña e Ricardo González, o alcalde do municipio de Ferrol, montará unha festa, onde se comezará coa recadación de fondos na Praza de San Xesús ás cinco da tarde onde poderemos ver unha exposición fotográfica sobre as árbores protagonistas de esta campaña. Tamén haberá degustación de doces galegos e musica tradicional. A entrada son 2 euros por persoa e os menores de 12 anos gratis.Segundo Ricardo será unha forma divertida e económica de comezar coa recadación de cartos.

xoves, 6 de xuño de 2019

Cake de pan

Bos días cociñeir@s!!

Hoxe vos traio unha receita de cake de pan, fíxoa a miña avoa e espero que vos guste.

Imaxe de whatkatiesbaking en Pixabay

INGREDIENTES:

·100 gr. de azucre
·1 barra de pan
· 2 ovos
· 1/2 litro de leite
· reladura dun limón
· canela
· 1/2 sobre de fermento

PROCEDEMENTO:

· Desfaise o pan duro ca leite.
· Engádense os ovos batidos co azucre, a reladura de limón, a canela e o fermento.
· Métese todo nun molde untado con manteiga e ao forno a 190º uns 60 minutos.


XA ESTÁ LISTA!!

Ata logo cociñeiros, espero que vos gustara esta receita e que a probedes na casa.

ATA LOGOO:)

¡RECORDADE SEGUIRME NO MEU BLOG!

Nocilla casera

Bos días cociñeir@s!!

Hoxe vos traio unha receita deliciosa, dunha comida que todos coñecemos e que a todo o mundo lle gusta, a Nocilla.
Todos coñecemos o típico anuncio desta marca "leche, cacao,avellanas y azucar, NO-CI-LLA!" anuncio .Pois eses son os principais ingredientes da receita. Esta non é a orixinal, obviamente, inventouna unha amiga dos meus pais que é do Pais Vasco. Ven caes todos os veráns e nos trae para cada familia un bote da súa nocilla, nos lle chamamos "a nocilla de Juani". A todos nos encanta e na nosa casa non dura un suspiro, aquí vos deixo a receita.
Imaxe de sipa en Pixabay

INGREDIENTES:

· 100 gr. de avelás torradas                          
· 50 gr. de aceite de xirasol
· 30 gr. de cacao en po / chocolate 70%
· 400 gr. de azucre moreno
· 100 ml. de leite 

PROCEDEMENTO:

· Moer as avelás e se queres o chocolate.
· Engadir por orden o aceite,o azucre, o leite, as avelás e o cacao.
· Bater todo ca batedora e deixar repousar no frigorífico durante 2 horas.

LISTA!

Espero que vos gustara esta receita tan sinxela, probádea na casa, está boísima.

luns, 3 de xuño de 2019

Morre un home en A Pobra do Caramiñal por intoxicación

MORRE UN HOME EN A POBRA DO CARAMIÑAL POR INTOXICACIÓN

Os mexillóns que comeu estaban en mal estado e causáronlle a morte, o bar onde os comeu xa foi denunciado pola súa familia.    Lucía Millán, APOBRA, 03062019, as 10:44

Fotografía dun prato típico de mexillóns
Imaxe de RitaE en Pixabay
Onte á mediodía, un veciño da Pobra foi comer a un bar preto de súa casa e alí é o lugar onde  acaba coa súa vida. Este home, duns setenta anos ía cos seus netos de catorce e once anos. 
O home pediuse un bocadillo de mexillóns. Segundo os nenos  xa lle advertiran de que a comida cheiraba mal.O avó non fixo caso das advertencias dos nenos e seguiu comendo o bocadillo. 
Despois cando ían a pagar o home dixo que lle doía a cabeza, cando acabou de pagar ao camareiro, caeu desfalecido. Deseguido os nenos avisaron aos camareiros e estes a emerxencias. A ambulancia tardou pouco en chegar.
Os médicos decatáronse de contado da causa da morte , segundo eles o alento cheiráballe fatal. Segundo Lorena Fontado, encargada de realizar a autopsia, determinaron profesionalmente que a causa da morte fora unha intoxicación por uns mexillóns en mal estado.
En concreto, na autopsia se determina que os mexillóns a parte de estar intoxicados, causáronlle unha reacción alérxica ao home, causándolle unha especie de grans no estómago.O que demostra que se non se desmaiara no momento xusto despois de pagar, faríalo algo despois.
Os familiares do señor puxéronlle unha denuncia ao bar por ter mexillóns intoxicados. O xefe do bar desculpouse á familia en nome de todo o persoal e todos asistirán ao enterro.

martes, 21 de maio de 2019

Torta de queixo á neveira

Bos días cociñeir@s!!

Esta receita quizais é un pouco máis complicada que as que estiven subindo ata agora pero tampouco o é moito. Esta torta é perfecta para un aniversario ou simplemente para preparar un día especial de sobremesa. A min persoalmente encántame esta torta.
Imaxe de 9210148 en Pixabay

INGREDIENTES:

· 1 terrina de queixo de untar
· 400g de nata para montar

· 2 vasos de leite
· 2 sobres de casada

· medio vaso de azucre
· marmelada de froita

· galletas e manteiga para a base

PROCEDEMENTO:

· O primeiro que hai que facer é a base, collelos un molde alto e esmagallamos as galletas mesturadas ca manteiga cando este todo ben mesturado metemos a base na neveira para que se poña dura.
· Logo poñer o queixo, a nata, a leite, os sobres de casada e o azucre nun recipiente e batelos ata que non se diferencien os ingredientes.
· Poñer nunha pota a lume baixo sen deixar de remexer e cando ferva quitalo do lume e batelo na base de galletas.
· Por último metemos todo a neveira e cando este fría untamos a manteiga por riba.

ATENCIÓN:
É recomendable facela un día antes de comela para que arrefríe ben.


ESPERO QUE VOS GUSTARA!!!!

Recordade seguir este blog para descubrir máis receitas igual de ricas! 


ATA LOGO!!

:) 

luns, 20 de maio de 2019

Flans

Bos días cociñeir@s!!


Esta receita será moi breve. É unha receita moi sinxela e moi rápida de facer, ademais está deliciosa. A miña nai a fai moi a miúdo, a mesma receita tamén se pode facer de chocolate e cando  miña nai fai os flans fai a metade de chocolate e a metade normais porque a min só me gustan de chocolate. :)

Imaxe de tpf1959 en Pixabay

INGREDIENTES:

· 10 ovos
· 1 bote de leite condensada
· O bote de leite condensada en leite.
· Un pouco de cacao en po.



PROCEDEMENTO:

· Primeiro remexemos os ovos, e   recomendable facelo con batedor eléctrico   porque son moitos ovos para batelos a man.
· Logo engadimos o bote de leite condensada e mesturamos cos ovos.
· Despois enchemos o bote de leite condensada de leite normal.
· Agora e a quenda de decidir se os facemos de chocolate ou normais, aos que fagamos de chocolate lle botamos unha cullerada de chocolate negro en po. 
· Por último recheamos os cacharros e os metemos no forno ao baño María que é meténdolle a bandexa auga, 20 mins. a 190 grados.


Espero que vos gustara esta receita, recordade seguirme no meu blog  para descubrir máis receitas.

ATA OUTRA!!


sábado, 18 de maio de 2019

Rouban a Mona Lisa

ROUBAN A MONA LISA    Lucía Millán, APOBRA, 02062019, ás 19:32


O famoso cadro da Gioconda desaparecido
Imaxe do cadro de Leonardo.

Imaxe da Wikipedia

Este coñecido cadro do pintor italiano Leonardo Da Vinci foi roubado esta noite no museo do Louvre. Os gardas de seguridade decatáronse da desaparición do cadro esta maña, cando se preparaban para comezar a xornada. 

De seguido chamaron aos policías de París e comezaron coa busca. Non atoparon ningunha pegada dactilar e iso dificultou moito a tarefa de identificación do individuo.

Segundo o xeneral que dirixía a tropa á que chamaron despois do suceso e dun axente da policía nacional, o ladrón era moi profesional, seguramente non actuou só posto que non  foi gravado polas cámaras de seguridade, isto quere dicir que as manipulou. 

Só roubaron o famoso cadro de Leonardo Da Vinci, tendo en conta o valor das moitas obras que se expoñen neste museo, este feito fai realmente rara a desaparición. Isto pode ser porque algo o alguén o asustou e non lle deu tempo a roubar máis obras ou porque en especial era a única que quería

Están traballando no caso todas as autoridades francesas, moitas empresas privadas e unidades especiais como o FBI. Estes medios vos manterán informados.